CONVENIO

Oímbra abordará obras de mellora na rúa da Lama

Coa sinatura do convenio, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo procederá a licitar as obras nas vindeiras semanas.

A Consellería de Medio Ambiente investirá preto de 125.000 euros, dentro do "Plan Hurbe", para a mellora da rúa A Lama, no Concello de Oímbra. A conselleira, Beatriz Mato, e a alcaldesa de Oímbra, Ana Mª Villarino, asinaron antonte o convenio de colaboración no que se recolle este compromiso.Os traballos consistirán na reparación da rede de abastecemento de auga potable, a reforma e ampliación da canalización da rede eléctrica e de telecomunicacións e a instalación de rede de alumeado público. As obras completaranse coa nivelación da rúa e a pavimentación da mesma en pedra e formigón.

Segundo a conselleira, os investimentos enmarcados dentro do "Plan Hurbe" teñen como obxectivo "humanizar as vilas, favorecer a cooperación da administración autonómica cos concellos e promover o reequilibrio territorial de Galicia". Coa sinatura do convenio, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo procederá a licitar as obras nas vindeiras semanas.

Te puede interesar