historia

Oímbra existía antes de 1287, segundo un estudo

alcaldesa_result
photo_camera Víctor Rodríguez, Ana María Vilarino -a alcaldesa-, Beatriz Comendador e Beatriz Vaquero, nunha das reunións.

Hoxe preséntase o traballo froito do convenio coa Universidade de Vigo

O Concello de Oímbra convoca hoxe, ás 12,00 horas, a todos aqueles que desexen saber algo máis sobre a historia do seu municipio á presentación do estudo "Investigación arqueolóxica e histórica sobre as orixes do concello de Oímbra", elaborado polo investigador Víctor Rodríguez e supervisado polas catedráticas de Universidade de Vigo, Beatriz Comendador e Beatriz Vaquero. 

A iniciativa xurdiu do consistorio de Ana María Villarino, quen no mes de abril de 2017 suscribiu un convenio coa institución académica para profundizar na historia e as orixes do municipio. 

O proxecto perseguía o dobre obxectivo de mostrar non só a información arqueolóxica coñecida a través da revisión de catalogacións e prospecións de campo, senón tamén rastrexar aquelas referencias en textos escritos que poidesen achegar un maior coñecemento da realidade de Oímbra.

CON NOTARIO E XUÍZ

Si serviu este traballo para afondar na procedencia histórica dos  habitantes do Concello. Oímbra foi elevada á condición de vila na segunda metade do século XIII, sempre con anterioridade ó ano 1287 e, polo tanto, dous séculos antes do que ata o momento se creía que fora. Foi fundada en paralelo á de Monterrei, e xa tiña daquela notario e xuíz que atendían tanto as súas necesidades como as do couto da que era cabeceira. 

Ana María Villarino confirmou que este "é xa un camiño sen retorno, considero que é imprescindible para saber a onde queremos ir e  de onde vimos. Creo que este pobo pode sentirse orgulloso porque estamos coñecendo parte da nosa historia, que ratifica a nosa identidade de vila recoñecida tempos atrás", dixo Ana María Villarino.

Te puede interesar