Maceda

O persoal laboral do Concello de Maceda xa ten convenio propio

Tamén se pactou o acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario da institución municipal

A mesa xeral de negociación do Concello de Maceda, intregrada polos diferentes colectivos sindicais e membros do goberno municipal, alcanzou no día de onte o acordo que posibilita a aprobación do primeiro convenio colectivo para o persoal laboral ó servizo do consitorio cunha duración de catro anos.

Tamén se pactou, no mesmo ámbito, o acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario da institución municipal, coa mesma duración, e o texto definitivo da que será a futura ordenanza reguladora das bases xerais de contratación de novos traballadores. 

A pleno o vindeiro 25

Os anteriores pactos serán sometidos á consideración e aprobación plenaria da sesión do máximo órgano municipal, que terá lugar o 25 de xaneiro.

Te puede interesar