SAÚDE

A Plataforma pola sanidade pública anuncia novas accións

Os membros da plataforma en defensa da sanidade pública na comarca de Monterrei valoraron onte de xeito positivo a manifestación do 18 de marzo -na que participaron máis de 1.500 persoas, segundo os organizadores- e anunciaron que seguirán con novas mobilizacións. Segundo expresan nun comunicado, "a poboación se volcou na reivindicación por unha mellora na calidade da sanidade pública para a comarca e non nos cabe dúbida de que foi unha gran manifestación", din, "aínda que ese apoio se mostrou tamén coa recollida de 5.000 sinaturas que se lle fixeron chegar aos responsables sanitarios provinciais".

Na xuntanza mantida polos integrantes debateuse tamén a continuidade das mobilizacións na rúa, "xa que as demandas plantexadas seguen sen resolverse", afirman. Nesta liña, dende o colectivo plantexarán en breve unha reunión co novo xerente da Xestión Integrada de Ourense, Dionisio Bellido, para "trasladarlle a súa preocupación polo desmantelamento paulatino do hospital de Verín", sosteñen.

CITOLOXÍAS

Tamén se abordou a necesidade de recuperar para a comarca a realización das citoloxías xinecolóxicas, "que dende hai un tempo non se están a facer, co conseguinte perxuizo que lle supón as mulleres da comarca", sinalaron.

Te puede interesar