TELEVISIÓN

A preestrea de “Vidago Palace" será no auditorio verinense

vidago_palace_p_e01_08_result

Proxectarase o primeiro capítulo da serie e, para finalizar, os membros do equipo de rodaxe e actores ofrecerán unha rolda de entrevistas. 

Hoxe mércores, ás 19,00 horas, a Eurocidade Chaves-Verín preestrea, en exclusiva, o primeiro capítulo da cooproducción luso-galaica “Vidago Palace” no Auditorio Municipal de Verín. Durante o evento realizarase unha presentación oficial, por parte de todas as partes implicadas no proxecto, proxectarase o primeiro capítulo da serie e, para finalizar, os membros do equipo de rodaxe e actores ofrecerán unha rolda de entrevistas. 

A cerimonia de presentación contará coa presenza, entre outras personalidades, do presidente da Eurocidade Chaves-Verín AECT, Antonio Cabeleira; o director da Eurocidade Chaves-Verín AECT, Gerardo Seoane; Henrique Oliveira, autor e realizador da serie (tamén representante da Produtora portuguesa HOP); Alfonso Branco, representante da Produtora galega Portocabo; Rosa Vila, directora da TVG; Fernando Rodríguez Madriñán, director de Programas da TVG; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC); Joao Deusdado, director de Programas de RPT; Jorge de Almeida, Director Xeral do hotel; e, por suposto, os actores da serie.

"Vidago Palace" tivo ao hotel luso como sede principal dos seus escenarios, pero tamén foi gravada en varias ubicacións da comarca verinense, como os exteriores de Cabreiroá. 

Te puede interesar