ELECCIONES MUNICIPALES

A prioridade para o PP de Verín será crear emprego

pp_verin_result
photo_camera Alfonso Rueda, no centro, posa con Juan Manuel Jiménez Morán e os membros de súa candidatura.

Jiménez Morán lidera unha lista de "loitadores que traballarán polos veciños"

 "Desde o Grupo do Partido Popular cremos que esta vai ser a lexislatura do emprego e por iso a nosa principal prioridade será a creación de emprego". Así se expresaba onte Juan Manuel Jiménez Morán, candidato á reelección á alcaldía de Verín como cabeza de lista da candidatura que presenta o PPdeG na vila, no acto de presentación da mesma. A presentación, que estivo presidida polo secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda e reuníu a numerosas persoas na Casa da Cultura de Verín.


Jiménez Morán presentou as liñas principais nas que se asenta o seu programa electoral, así como os homes e mulleres que conforman a candidatura do PP verinense. Jiménez Moran referiuse a eles como "un equipo que representa a máis de 2.000 afiliados e que aspira a representar a todos os veciños e veciñas", engadindo que se trata de "persoas loitadoras, que cren en Verín e que traballarán, como fixemos ata o de agora, para incremenar a calidade de vida de todos os veciños".


Tras presentar ós membros da candidatura, Jiménez Morán desgranou os puntos do programa do PP para estes comicios,sinalando que é un programa que "nace de abaixo a arriba, atendendo as demandas dos nosos cidadáns e cidadanas, que se asenta no fomento do emprego, creación de máis e mellores servizos, incide nas políticas sociais, respecto polo medio ambiente e a promoción do deporte, a educación e a cultura".

Te puede interesar