CINE

As proxeccións de cine volven o venres a Verín

As películas que se proxectarán serán 'El hogar de Miss Peregrine para niños extraordinarios e ' No Respires'. 

O cine comercial volta a Verín este venres, a través dunha programación especial con filmes de estrea do xénero de terror. O Goberno municipal retoma así o que califica como "exitoso experimento para fixar poboación as fins de semana na vila", que concluíu na primeira metade do ano con 6 mil espectadores. 

As películas elixidas para a reanudación do cine na vila son "El hogar de Miss Peregrine para niños extraordinarios", en horario infantil ás 18,00 horas –o domingo, luns e martes– e "No respires" ás 22,00 horas, de venres a martes. A programación enmárcase no xénero de terror para encadralo como unha actividade paralela á oferta de ocio da ponte de defuntos, que terá a súa xornada forte coa Noite de Medo. 

Gerardo Seoane destaca a boa contestación dos veciños de Verín á primeira etapa, "con máis de 6.000 espectadores na sala, o que amosa que o interese polo cine comercial segue vivo en Verín pese a ter máis de 12 anos pechados os cines".

A etapa que comeza agora seguirá ofrecendo cine de estrea e constitúe “a segunda parte deste experimento, ata o de agora exitoso, que realizamos para comprobar, ó longo dun ano, se o cine é algo desexado en Verín ou non. Logo dese período, tomaremos unha decisión sobre o seu establecemento definitivo”. 

Te puede interesar