POLÍTICA LOCAL

O PSOE de Vilardevós critica o salario de quen leva o padrón

O grupo de goberno aprobou esta suba, que se sumará aos 5.000 euros que xa tiñan asignados neste mesmo concepto.

Para os socialistas de Vilardevós existe "unha posible intencionalidade" no feito de que o alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, "lle aumente o salario anual á persoa encargada do padrón en máis de 3.000 euros" en forma de complemento específico. O grupo de goberno aprobou esta suba, que se sumará aos 5.000 euros que xa tiñan asignados neste mesmo concepto. Este incremento ten, segundo apuntaron os socialistas, efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2019 para "recompensar o especial desempeño do posto de traballo". 

A oposición deste concello leva anos denunciando as supostas alteracións no censo que se producen antes das citas electorais. Segundo apuntaron, a través de datos facilitados polo propio concello producironse unhas 400 baixas por cambio de residencia dende o 2015.

Te puede interesar