política local

O PSOE de Vilardevós di que o PP "inflou" o censo municipal

Desde a formación aseguran que xa denunciaron esta situación ante numerosas instancias como a Valedora do Pobo ou a Subdelegación e temen que en 2019 se volva a producir.

Dende o grupo socialista de Vilardevós acusan ao goberno local do PP de "inflar" o padrón municipal. Din que eles mesmos lles contestaron que, dende o ano 2015, houbo un total de 394 baixas "por cambio de residencia" algo que, segundo a oposición, "vén a corroborar as denuncias dos socialistas dun aumento esaxerado e, supostamente, provocado polo partido popular co gallo das últimas eleccións municipais". 

O portavoz do PSOE de Vilardevós, Julio Prada, sinalou que "non ten moito sentido que nunha entidade de poboación cunha tendencia á baixa e descontando as defuncións, o censo aumente e diminúa en 400 persoas por cambio de residencia en menos de catro anos". Desde a formación aseguran que xa denunciaron esta situación ante numerosas instancias como a Valedora do Pobo ou a Subdelegación e temen que en 2019 se volva a producir.

Te puede interesar