SANIDADE

O Sergas garante a axuda ao parto en Verín

A manifestación do pasado sábado incomodou a un dos profesionais, que anunciou que abandoaba o servizo

A Xerencia da Xestión Integrada do Sergas comunicou onte que o mantemento da atención ao parto no hospital de Verín está garantida, ademáis de facer un recoñecemento expreso á labor do doutor Juan Pablo García cos recén nados nese centro hospitalario. A manifestación do pasado sábado en Verín, reclamando entre outras, melloras na sección de Obstetricia non sentou nada ben a ese profesional, que días despois e nas redes sociais manifestou públicamente o seu pesar polo escaso recoñecemento que a sociedade verinense lle daba ao traballo que durante tantos anos vén desenvolvendo no hospital comarcal, cando, como así aseguran dende o Sergas. "É o primeiro contacto médico da maioría dos nados en Verín nos últimos vinte anos, nunha labor que continúa, e continuará desenvolvendo", malia a sua primeira intención de abandoar o servizo doído pola falta do debido recoñecemento. Segundo chegou a publicar no seu perfil de Facebook o recoñecido galeno, "en previsión del éxito de la manifestación, ofendido, avergonzado e injustamente tratado, me adelanté y el viernes a media tarde -día 17- comuniqué al Xerente Provincial que renunciaba a seguir con las guardias de pediatría en el hospital". 

Din os responsables da sanidade pública en Ourense que "a atención aos recén nados durante o parto está plenamente garantida por un equipo de garda, formado por profesionais de Verín, que se mantén desde a apertura deste hospital, en coordinación cos Servizos de Xinecoloxía, Anestesia e Pediatría da Xerencia de Xestión Integrada, o que permite manter este servizo ininterrompidamente as 24 horas do día os 365 días do ano", apuntan.

E, "como mostra da vontade por mellorar e manter este servizo de atención ao parto e ao recén nado, son as obras de remodelación da Área de Paritorios, que vén de acometer a Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, que permitiron ampliar seu espazo e crear unha nova sala de dilatación para parto natural", di o Sergas.

"UNA GRAN MENTIRA"

Jiménez Morán, o líder da oposición, foi outro dos que, ademáis de expresar a súa solidariedade co pediatra incomodado, discutiu públicamente as motivacións da convocatoria do pasado sábado polas rúas de Verín: "Creo que no se puede ir detrás de una pancarta en la que se puede leer una gran mentira", dijo en alusión al lema de la convocatoria.

Te puede interesar