TRABALLO

Un sindicato demanda ao Concello de Verín no Xulgado

Reclaman o cumprimento do Convenio Colectivo para o persoal laboral, en materia de calendario de vacacións

O sindicato CIG cumpriu a ameaza dos últimos días. A Unión Local da CIG de Verín e A Limia comunicou onte que ven de demandar perante o Xulgado do Social de Ourense ao Concello de Verín, reclamando o cumprimento do Convenio Colectivo para o persoal laboral, en materia de calendario de vacacións. O Convenio dispón que o calendario de vacacións debe estar negociado, cada ano, antes do día 1 de abril. 

Tras recibir a demanda da CIG, o Concello debeu lembrar a súa obriga de elaborar e negociar un calendario de vacacións", din dende o sindicato, "e deuse traslado pola concelleira de persoal ao Comité de Empresa do inicio do proceso para que todos os empregados/as municipais fagan proposta das vacacións que desexan gozar no ano 2017".

Te puede interesar