CULTURA

O teatro amateur cítase no auditorio verinense

20160919212610368_result
photo_camera Emilia Somoza y Miguel Tomé, dous dos organizadores.

"Entreculturas" ofrece representacións de toda a comunidade autonómica galega.

No día de onte tivo lugar a presentación dunha nova tempada do certame de teatro "Entreculturas", que con cada outono achégase ata Verín ofrecendo as mellores representacións teatrais amateurs da comunidade autónoma galega. 
Neste caso, e como non podería ser doutro xeito, o auditorio da vila foi o escenario escollido para a escolma de obras que a Asociación para la Cultura y el Ocio La Caja de Pandora de Verín programou en colaboración co Concello de Verín. Todas as funcións terán a mesma hora de inicio, fixadas para as oito da tarde. Na presente edición, só haberá representación provincial, con tres compañías chegadas dende máis alá da comarca de Monterrei. Arrancará a quenda de representacións, Gargallada, de O Barco de Valdeorras, o vindeiro un de outubro, con "Fuga".

Un día despois os alumnos do Instituto de Educación Secundaria Xesús Taboada Chivite presentarán o seu espectáculo musical "Hoy no me puedo levantar". Augas de Sil, dende San Clodio, achegarán a Verín o día 8 a producción "Menciñeiro á forza". Seis días despois, A Tecedora de Soños, de Verín, presentará "A casa de Bernarda Alba", "A estanqueira da Mercé" e "Anfitrión". A compañía de teatro Aneis de Xinzo de Limia participará con "O velatorio" (día 15) e "O segredo" (22). "Cuñadas y juntas, ni difuntas", "Azul escuro" y "Un mal día" cerrarán a oferta teatral de 2016.

Te puede interesar