MONTERREI

Un título da UNED acreditará a aptitude como catador vinícola

O Museo dos Mercedarios acollerá unha ducia de cursos oficiais, os primeiros na comunidade 

Coa chegada do verán xa son máis de 6.500 as persoas que visitaron as tres novas exposicións do Museo dos Mercedarios de Verín, centradas no contacto con Tartessos, na historia do licor café e nas variedades aromáticas dos viños de Monterrei. Precisamente será nos caldos da comarca, e no seu contexto no mundo global da cata, no que se centrarán dez cursos oficiais da UNED que alí se van a impartir dende outubro e até o vindeiro mes de xuño do 2019.

Dinamarca, Alemania e Portugal, e Cataluña e Castela León son as procedencias foráneas máis destacadas dos máis de 6.500 visitantes que pasaron polo Claustro dende marzo, aproximadamente a metade do total. Estos datos son celebrados como "un gran éxito de público" polo alcalde, Gerardo Seoane, "que ademais cumple xusto coa finalidade que buscamos: divulgar a identidade da comarca".

O túnel do viño e os identificadores aromáticos de Monterrei son un dos contidos máis comentados polos visitantes, e precisamente por elo, o Museo dos Mercedarios albergará dende outubro o ciclo de cursos de cata "De Monterrei ó mundo", con título oficial da UNED. Serán impartidos por destacados representantes do mundo da cata e sumilleres de recoñecido prestixio, como Xosé Lois Padín, director da Guía de Viños de Galicia, técnicos da Denominación de Orixe Monterrei, e outros expertos, e estarán centrados nas peculiaridades dos caldos da comarca, pero tamén nas principais tendencias produtivas da enoloxía mundial.

Así, no mes de outubro arrancarán as sesións formativas estudando polo miúdo a variedade dos viños de Monterrei, con catas do produto final pero tamén de uvas e mostos. Impartirao o director técnico da Denominación de Orixe, Luis Miguel López.

No mes de novembro será a quenda das rexións vitivinícolas dos grandes brancos de Europa como poden ser Mâconnais, Mosel, Vouvray, Soave, Graves, etc.

En decembro os escumosos galegos, pero tamén os galos, terán a súa cota de protagonismo. Xa no 2019, os defectos dos viños, os procesos de maceracións carbónicas e as uvas doutras denominacións veciñas como a do Godello de Valdeorras completarán o abano de cursos con diploma da institución académica a distancia.

Te puede interesar