MONTERREI

Traballadores de Verín piden a mellora dos seus convenios

O viandeiro 30 de xaneiro, ás 12,00 horas, haberá un parón dos traballadores diante dos Consistorio

Preto de 150 traballadores   do Concello de Verín, entre funcionarios e persoal laboral, están chamados a un parón xeral da súa actividade o vindeiro mércores, día 30 de xaneiro, ás 12,00 horas. 

Solicitarán que se cumpla o acordo adoptado cos sindicatos durante o 8 de xullo do pasado 2016 no que se sentaron as bases da Relación de Postos de Traballo e dos novos convenios colectivos, feito que non se levou a pleno ata que o caso chegou aos xulgados. Actualmente, e segundo a CIG, o proceso está en execución da sentencia dado que a cuestión foi levada a pleno, pero o grupo de goberno se negou a aprobala a pesar da súa predisposición inicial.

Por outra banda, os traballadores pedirán que se estableza unha negociación colectiva real e o "remate da política laboral de discriminación por colectivos imposta polo grupo de goberno local". Aseguran que, dende o Concello, potenciaron a negociación con certos grupos en detrimento doutros.

"A algúns traballadores téñenlle realizado cambios nos dereitos laborais, cos que acabarán sendo perxudicados, co obxectivo de dividir aos compañeiros", asegura Anxo García. 

A protesta, que terá unha duración total de 20 minutos, será diante da praza do Concello de Verín e foi convocada pola Confederación Intersindical Galega e por CSIF.

Te puede interesar