MONTERREI

Varios socorristas acuáticos velarán pola seguridade na Batucada 2018

A Batucada que se celebrará os días 27 e 28 de xullo terá un amplo dispositivo de seguridad e de servizos sanitarios

A Área de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil do Concello de Verín, de acordo con Protección Civil e a Policía Local, vén de elaborar o plan de autoprotección para a edición da Batucada que se celebrará os días 27 e 28 de xullo. O documento contén todos os protocolos de actuación a seguir polos diferentes equipos de emerxencia que traballan neste evento preparados para actuar ante calquera incidencia.

O plan baséase nas seguintes medidas: Para o acto da praia fluvial do venres 27, o dispositivo terá socorristas acuáticos, un posto sanitario da Protección Civil Verín e a Policía Local estará presente para garantir a seguridade. A zona do evento estará cardioprotexida cos dispositivos pertinentes. Estará prohibido tirarse dende a pasarela peonil ao río Támega (situada na praia fluvial de Verín), nesa mesma xornada e actividade.

O sábado 28 de xullo contarase cun dispositivo, durante a Festa da Auga e a Escuma, conformado por un posto sanitario, situado na praza García Barbón, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Verín e unha ambulancia de Protección Civil de Laza. Asimesmo os voluntarios de Protección Civil de Verín serán os responsables de acoutar unha zona para a festa de escuma na que non se permitirá a entrada con recipientes de vidro.n 

Te puede interesar