CRÍTICAS

Veciños de Riós denuncian os furados das estradas

Este firme leva neste estado aproximadamente máis de nove meses e conforme pasa o tempo cada vez empeora.

Os veciños de Riós, como así vén de denunciar o voceiro do Bloque Nacionalista Galego no Concello, están a sinalar pola súa conta os riscos e desperfectos que atopan nas estradas do municipio. Pedro Montero, o representante do BNG, solicitou ao rexedor o arranxo inmediato da estrada que une as localidades de O Mourisco e A Veiga do Seixo, concretamente á altura da coñecida paraxe Regueiral de Porto Espiño, onde, segundo pode acreditar con imaxes, "vemos un enorme furado na estrada co balizamento de perigo dos veciños.

Este firme leva neste estado aproximadamente máis nove meses e conforme pasa o tempo cada vez empeora. Os veciños atópanse con grandes dificultades á hora de transitar cos seus coches por esta estrada dado que en calquera momento poden caer co coche no dito furado", siñala Montero, quen urxe ao alcalde Francisco Armando Veiga a que "dispoña os medios para que antes da época de choiva esté arranxado, xa que de seguro se evitarán posibles males maiores".  

Te puede interesar