FORMACIÓN

Verín acollerá en xullo un obradoiro sobre arquitectura

No Concello de Verín o obradoiro desenvolverase entre os días 10 e 14 de xullo e participarán no mesmo, de forma gratuíta, rapaces con idades de ata 12 anos.

O Concello de Verín acollerá no vindeiro mes de xullo un obradoiro, promovido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e que leva como título "La ciudad del mañana". Este proxecto, creado por Sanda González e Post Arquitectos, é un programa gratuito de obradoiros que se desenvolverán este ano por diferenes vilas e cidades galegas e noutros puntos da xeografía española.

No Concello de Verín o obradoiro desenvolverase entre os días 10 e 14 de xullo e participarán no mesmo, de forma gratuíta, rapaces con idades de ata 12 anos.

O obxectivo deste programa é incluir á infancia e á adolescencia nos procesos de construcción do espazo común, dotándolles das ferramentas necesarias para desenvolver  a súa creatividade desde a arte e a arquitectura, co fin de provocar e espertar dunha nova mirada dos espazos nos que habitan.

Te puede interesar