solidariedade

Verín colabora na campaña solidaria #súmatedoasangue

Verín acadou o pasado ano 2016 unha taxa de 50 doazóns por cada 1.000 habitantes e o obxectivo é manter a participación dentro das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde 

O vindeiro xoves, día 7 de xullo dan comezo dúas xornadas de doazón de sangue na Comarca de Verín. Tras o éxito da campaña do ano pasado na que 50 de cada 1000 persoas foron doantes, en este 2017, esperan conseguir o mesmo nivel de aceptación e participación.

O 7 e 8 de xullo, ADOS parará a súa unidade móbil na praza García Barbón, na que todas as persoas de entre 18 e 65 anos que queiran, poderán doar sangue de 10:30 da maña a 14:00 horas, e das 16:30 a 21:00 horas. No caso do venres, so será horario matutino.

O Concello de Verín e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

A doazón de sangue e un acto voluntario, altruístas, universal e gratuíto dende 1985, e ano a ano, cada vez son máis persoas que se xuntan a causa. Tantas, que lonxe queda ese 1993 no que Galicia foi a comunidade con menos doantes de España. Grazas a o traballo de ADOS e as persoas participantes no proxecto, centos de hospitais reciben cada día as 400 doazóns de sangue necesarias para facer fronte as actividades asistenciais e urxencias. A comarca de Verín no verán de 2016 acadou a impresionante cifra de 50 persoas de cada 1000 doaron sangue.

As persoas interesadas deben lembrarse de non acudir sen almorzar, e que se o fan despois de xantar esperen dúas horas. É necesario o documento de identidade e imprescindible informar o médico da unidade se toma algún medicamento.

Dende a xerencia de ADOS, queren agradecer de antemán a todas a persoas que ca súa solidariedade axudan a recuperar a saúde a milleiros de persoas.

Te puede interesar