MONTERREI

Verín despídese da súa mostra máis querida

Verín, Praza da Alameda, (12.08.2018). Los más madrugadores disfrutan del vino mañanero.
photo_camera Á boa charla con bo viño.

Durante a fin de semana pasaron pola localidade miles de persoas que puideron degustar 16 caldos das 26 adegas de Denominación de Monterrei

 

Verín despediu onte unha das súas festas máis multitudinarias, a Feira do Viño. 

Dende o pasado venres, miles de personas paseáronse pola Alameda, onde puideron degustar os mellores caldos da comarca, ademais da gastronomía local e das augas dos mananciais da zona, novidade desta última edición.

O número de adegas participantes, 16 das 26 que conforman a Denominación de Orixe Monterrei, consolida o apoio do sector vitivinícola a esta iniciativa festiva, en palabras da presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva Rodríguez. Por outra parte, os organizadores tamén buscan que a feira se consolide como destino cultural, cunha programación musical que aumenta cada ano. Ademais da animación de diversas agrupacións como Candaira, o Guateque da Década ou a Orquestra Finisterre, a cita tamén contou coa presencia do arxentino Coti e da súa banda, e da cantautora galega Sés, que presentou a súa xira "Readmirando a Condición" na Praza García Barbón na noite de onte, para pechar o fin de semana festivo.

As altas temperaturas non foron capaces de impedir que ata Verín se achegasen máis de 20.000 visitantes, segundo as cifras esperadas. 

Te puede interesar