MONTERREI

Verín multará aos donos dos cans que non leven microchip

_cans_verin1_result
photo_camera Medio cento de cans volveron ás súas casas o ano pasado grazas a que tiñan microchip.

A Policía Local iniciará o 15 de xullo un plan específico que incluirá sancións entre 150 e 750 euros

O Concello de Verín, a través da Concellería de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, ven de iniciar unha campaña de concienciación co obxectivo de que as persoas posuidoras de cans os identifiquen mediante microchips. A medida responde á detección, por parte do goberno local, dun incremento sustancial de abandonos de animais de compañía nos últimos anos e ao estado de saturación no que se atopa a protectora de animais comarcal. Neste sentido, a Asociación Pro Animales Verín, que leva recollidos das rúas da vila dende a súa fundación, hai preto de tres anos, máis de 500 animais abandonados entre cans e gatos, colaborará co ente local nesta campaña de concienciación.

Segundo fontes municipais, en Verín, durante o pasado ano 2016, preto de 50 cans puideron voltar á casa grazas a que estaban identificados con microchips. "A campaña é algo necesario para concienciar aos cidadáns da obriga que teñen co seu animal e ca súa sociedade", afirmou Cándida Couñago, concelleira de Seguridade Cidadá. "Os propietarios dos cans deben ter coñecemento da obrigatoriedade do cumprimento da lei de identificación", que data do ano 2003. Para acadar esta concienciación repartiranse folletos e publicaranse carteis informativos coa axuda de Pro Animales Verín. 

Por outra banda e segundo explicou a edil de Seguridade Cidadá, o principal obxectivo da campaña será a concienciación dos propietarios pero imporanse sancións ás persoas que sexan reincidentes. Neste sentido, os efectivos da Policía Local levarán a cabo, a partir do vindeiro día 15 de xullo e ata o 15 de agosto, un plan de identificación de cans que carecen de microchip. 

REINCIDENTES
Os donos que sexan reincidentes poderán ser sancionados con multas de ata 750 euros. Os axentes farán fincapé nas zonas rurais, onde os casos de abandono "ascenden a cifras moito máis significativas". 

La protectora solicita un espacio para los animales

Veves Gascón, presidenta de Pro Animales Verín sinala que na maioría dos casos de abandono aos que se enfrenta a asociación, trátase de animais que "no están identificados con microchip". Gascon explica que " el problema viene cuando inviertes tiempo y dinero en la desparasitación y cuidado del perro y aparece el dueño varias semanas después. Le parece mal incluso que intentemos cobrarle lo que nos hemos gastado en su cuidado".
A presidenta sinala a importancia de contar, canto antes, cun espazo físico para a creación dunha protectora. "Tenemos unas pequeñas instalaciones cedidas por el Concello pero no son suficientes para los casi 100 perros y gatos que atendemos hoy. Los animales los tenemos en fincas privadas y casas particulares". 
 

Te puede interesar