SEGURIDADE

Verín reducíu o servizo nocturno da Policía Local

local verin_result
photo_camera Imaxe da sede da Policía Local de Verín

O corpo de seguridade local chegou a ter nas últimas datas ata oito axentes de baixa médica

O Concello de Verín quedou, desde o pasado día 21, sen servizo nocturno de policía de luns a xoves. Así o deu a coñecer onte a central sindical CIG, quen culpa ao goberno municipal desta situación. Sinala que desde finais de xullo e ata mediados de agosto o Concello "veu elaborando uns cadrantes de traballo para a policía local absolutamento inviables e caóticos", e pon como exemplo que nese periodo establecéronse servizos nocturnos dotados de un só axente, que non podía saír das instalacións.

Ante esta situación de "ineficacia", os responsables municipais optaron por desmantelar o servizo nocturno de luns a xoves, cubríndose só este servizo venres, sábados e domingos desde o pasado día 21. "O grupo de goberno prifire a improvisación e o funcionamento a 'tombos'  que o caracteriza a sentarse a dialogar" cos representantes sindicais,  sinala a CIG.

Fontes consultadas confirman que aínda que é certo que se reaxustaron algúns servizos nocturnos, so se fixo nun tramo de tres horas e todo motivado polo número de baixas médicas rexistradas no corpo da Policía Local, que días atrás alcanzaban os oito axentes e arestora son cinco os inoperativos.

Te puede interesar