MONTERREI

Verín renovará os seus tres principais cruces

O Ministerio de Fomento vén de autorizar a reforma das interseccións

O Ministerio de Fomento vén de dar o visto bo á reforma dos tres principais cruces que atravesan o casco urbán de Verín. O obxectivo das obras, propostas polo goberno municipal da vila, é superar o deseño antigo de cando non existía a A-52, e as vías nacionais canalizaban un intenso tráfico pola cidade. Trátase de abrir estas arterias aos peóns, aumentando o seu nivel de permeabilidade. As obras escomezarán de xeito inmediato, e está previsto o seu remate en decembro.

A iniciativa, que partiu dunha  proposta programática do BNG, permitirá unha nova regulación semafórica dos principais cruces da cidade (cruce N-525 con N-532, cruce Estrada de Laza con Avda. de Sousas e intersección Estrada de Laza con Rosalía de Castro) que garantice maior accesibilidade ós peóns, e a supresión dos “importantes rodeos impostos polo deseño actual para cruzar as vías”, segundo destacou o tenente de alcalde, Diego Lourenzo. 
Este deseño, destacou tamén o rexedor, Gerardo Seoane, “está pensado e responde á circulación de vehículos motorizados, e deriva da ordenación herdada da época en que non existía a A-52”. Para erradicar estes deseños atávicos, o Goberno municipal propón recoñecer a nova configuración das antigas estradas como actuais rúas de Verín, ampliando as aceiras para facilitar o movemento de viandantes, “ó tempo que se reduce a lonxitude dos pasos de peóns”, sinalou o alcalde.

ADEUS ÁS BARANDILLAS

O tenente de alcalde, pola súa banda, destaca que a medida que máis cambiará a configuración urbán de Verín ser á “a supresión das barandillas que actualmente delimitan o espazo peonil, e transmiten unha sensación innecesaria de encerro”. 
Os proxectos que se executarán nos tres cruces foron elaborados tendo en conta modernas simulacións informáticas para garantir que o novo vial permita o xiro de camións e vehículos de todo tipo, e remodelarán asimesmo o fluxo semafórico.

Te puede interesar