TELEVISIÓN

Verín volverá aos anos 30 coa serie “Vidago Palace"

presentacion_vidago_palace_2_result
photo_camera A presentación da miniserie celebrouse onte no hotel Vidago Palace, en Chaves.

A vila tendrá protagonismo nesta producción da TVG e RPT portuguesa, xa en fase de rodaxe

Verín volverá aos anos 30 coa miniserie 'Vidago Palace', a primeira coprodución entre a RPT e a Televisión de Galicia. Na mañá de onte presentouse no hotel Vidago Palace, en Chaves, que á súa vez lle da nome ao produto audiovisual e constitúe o seu escenario principal de rodaxe. Alí confirmouse que o municipio de Verín será localización de varias das escenas da serie, que se emitirá nas dúas canles e cuxos dereitos e transmisión foron preadquiridos por televisións internacionais como a RAI (Italia) ou a TVP (Polonia).

O hotel portugués Vidago Palace recibiu para esta cerimonia de presentación a Henrique Oliveira, autor e realizador da serie; Alfonso Blanco, representante da produtora galega Portocabo; Rosa Vila, directora da TVG; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais; Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde do Concello de Verín ou Pablo Rivera, secretario técnico da AECT Chaves-Verín, entre outros.

Lourenzo agradeceu na súa intervención a Alfonso Blanco que Verín teña o seu espazo nesta produción televisiva, "na que a realidade termal da falla da Corga será a protagonista, xunto cos homes e mulleres que tiveron que loitar pola súa vida polo mero feito de ter loitado pola liberdade e o lexítimo goberno da República española". Tamén quixo adiantar que Verín a as súas augas serán protagonistas, con presenza no guión "tanto dos fermosos paraxes da contorna verinesa coma  do noso auguismo".

Entre os invitados atopáronse tamén algúns dos actores da serie como Antonio Mourelos, Eva Fernández ou Sheila Frariña. 

A trama, un amor prohibido

A miniserie, que xa se atopa en plena rodaxe, está ambientada no contexto histórico do ano 1936. O argumento céntrase no amor prohibido entre Carlota, filla dos condes de Vimeiro e noiva de Cesar, e Pedro, empregado do hotel, nunha época na que imperaban as conveniencias familiares e sociais. Era a época o réxime de Salazar en Portugal e dos Xogos Olímpicos de Berlín. 

Te puede interesar