AXUDAS

Vilardevós percibirá medio millón do Plan Provincial 2019

Esta estrada é unha das principais vías de comunicación de Vilardevós, ao conectar cinco das maiores poboacións como Terroso, Florderrei, Enxames, Vilarello e Arzádegos.

O Concello de Vilardevós percibirá máis de medio millón de euros procedentes do Plan Provincial da Deputación de 2019. Neste senso, dos 600.000 euros consignados para o municipio, 78.750 irán destinados á reforma e mellora da estrada Florderrey-Terroso. O Concello xa incluiu a primeira fase desta reforma no programa de actuacións do pasado exercicio económico e, actualmente, se atopa en fase de inicio da licitación. Grazas á inclusión desta segunda fase se realizará unha actuación integral, cun investimento total de 157.500 euros. 

O resto dos fondos, preto de 500.000, derivaranse ao acondicionamento e mellora integral na OU 1006 Vilarello-Vilardevós, o que implica a consignación orzamentaria necesaria para iniciar o proxecto, que será contratado e realizado polo ente provincial. 

Esta estrada é unha das principais vías de comunicación de Vilardevós, ao conectar cinco das maiores poboacións como Terroso, Florderrei, Enxames, Vilarello e Arzádegos.

Te puede interesar