andaina

Viño e deporte para disfrutar da quinta andaina de Monterrei

A proba ofrecerá aos seus asistentes unha ruta de sendeirismo de 19 quilómetros para coñecer o municipio, e os seus viños, ao tempo que fan exercicio.

Os amantes do bo viño e o deporte teñen unha cita este sábado, día 6 de outubro, na quinta edición da andaina "Viño de Monterrei". A proba ofrecerá aos seus asistentes unha ruta de sendeirismo de 19 quilómetros para coñecer o municipio, e os seus viños, ao tempo que fan exercicio. Para os cativos menores de sete anos -que terán que asistir acompañados por un adulto- haberá actividades infantís en formato xincana para que eles tamén poidan gozar desta xornada deportiva en familia. 

O evento comezará ás 10,00 horas na Alameda do Concello de Monterrei e rematará no mesmo punto. Os interesados en anotarse poderán facelo, por un custo de 5 euros, no Consistorio, na tenda Multisport de Verín ou na de Deportes Redonet de Ourense. Tamén existe a posibilidade de inscribirse o mesmo día da proba. Ao longo do percorrido, os camiñantes terán dous avituallamentos e, ao seu remate, haberá un punto de degustación e sortearanse varios lotes de viño, xunto a outros regalos. 

A presentación da actividade tivo lugar no pazo provincial coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o responsable de Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno, e a de actividades de lecer e de ocio da cooperativa Xeitura, Begoña Garrido.

Te puede interesar