RECOÑECEMENTO

Os voluntarios da Biblioteca, convidados no Ministerio

voluntario_result
photo_camera Unha voluntaria le un conto.

A expedición verinense estará encabezada pola concelleira de cultura, Emilia Somoza Basalo

Hoxe xoves 6 de setembro, a directora xeral do Libro e Fomento a lectura, Dona Olvido García Valdés e o subdirector, Javier Pascual Echalecu, recibirán no Ministerio de Cultura aos nenos e nenas voluntarios da Biblioteca do Concello de Verín, para felicitalos persoalmente pola xenerosidade, compromiso, entrega e dedicación que levan amosando dende fai máis dunha década co seu inestimable traballo.

A expedición estará encabezada pola concelleira de Cultura, Emilia Somoza Basalo, quen acompañará aos rapaces e o persoal funcionario da Biblioteca, responsables de explicar os pormenores do proxecto de voluntariado, que está a ser recoñecido incesantemente pola súa innovación e implicación no eido do fomento á lectura.


VISITA AO BERNABÉU


Así mesmo, o Real Madrid Club de Fútbol, tamén quixo amosar o seu interese polo proxecto que se desenrola na Biblioteca Municipal de Verín e convidou aos voluntarios ao seu estadio para realizar una visita guiada, que terá lugar na mañá de hoxe na capital do Estado.

Te puede interesar