Xogos populares e agasallos para celebrar o Nadal en Cualedro

O 26 de decembro partirá un autobús con destino a Pazolandia, ás 10,00 horas e regresará ás 14,00 horas.

Cualedro xa está inmerso na celebración do seu Nadal. Logo do prendido do alumeado, o Concello vén de publicar a programación de actividades que se levará a cabo con motivo destas festas. O 26 de decembro partirá un autobús con destino a Pazolandia, ás 10,00 horas e regresará ás 14,00 horas. Para poder participar na viaxe, os cativos deberán anotarse nas oficinas municipais. 

O 29 de decembro, no Centro de Interpretación dos Castros de Cualedro, o carteiro real recollerá todos os encargos aos Reis Magos. Nesta ocasión tamén será preciso anotarse xa que as plazas serán limitadas. 

O vindeiro 3 de xaneiro, a partir das 10,30 horas, no recinto do colexio organizaranse xogos populares como a rá, a chave, os vintes, as canicas ou as peonzas, e tamén haberá chocolate quente con churros e premios para os cativos. 

A cabalgata de Reis chegará a Cualedro coa feira e se repartirán agasallos para todos os nenos a partir das 11,00 horas.

Te puede interesar