VIVENDA

A Xunta facilita unha vivenda a unha persoa en emerxencia social en Monterrei

Ttrátase dunha vivenda cedida por abanca e inclúese no programa que realoxou a 14 familias en galicia

Unha persoa da vila, en clara situación de emerxencia está de noraboa, porque a Consellería de Infraestruturas e Vivenda acaba de adxudicarlle unha vivenda para que poida manter unhas mínimas condicións de vida, que ata o de agora non lle estaban garantidas. A Xunta vén de asinar o contrato de alugueiro dunha vivenda adxudicada directamente en Verín a unha persoa en situación de emerxencia social. Trátase dunha vivenda cedida por Abanca para o seu destino a alugueiro social.

O Goberno galego, con este tipo de accións, continúa "coa aplicación das 12 medidas activadas para para loitar contra os desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda", segundo destaca a Xunta. Ao abeiro destas iniciativas, xa foron atendidos preto de 1.200 casos na comunidade galega.

Con estas adxudicacións a Xunta de Galicia ofrece unha alternativa a todos os afectados que o solicitan e cumpren os requisitos establecidos. Segundo datos facilitados pola consellería, no que vai de 2017 xa se realoxou a outras 14 familias en vivendas propiedade do IGVS (5 casos) ou cedidas por Abanca e Sareb. Cómpre destacar tamén as familias beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica nesta mesma liña. 

Te puede interesar