Beirarrúa en mal estado no Centro Cívico de A Ponte

O parque situado detrás do Centro Cívico de A Ponte, na rúa San Rosendo, ten unha beirarrúa que está en parte desfeita, coas losetas rotas e provoca caídas xa que impide manter ben o equilibrio. Esta zona é moi utilizada a diario polas persoas maiores como lugar de esparcimento e para dar os seus paseos, polo que se debería realizar un arranxo destas deficiencias.
 

Te puede interesar