Beirarrúas levantadas na praza Daniel González

Lector Denuncia

O mantemento da praza Daniel González (zona Lagoas) é lamentable. Á falta absoluta de coidados das zonas axardinadas e das ramas dalgunhas árbores (que, calquera día, parten e provocan una desgraza), únese o problema de que gran parte das beirarrúas están desfeitas e perigosamente levantadas. Son múltiples as baldosas rotas que máis dunha vez fixeron tropezar á veciñanza, poñendo en risco a moitos nenos e nenas que conflúen nesta praza para xogar cada tarde.

Te puede interesar