CRONISTA LOCAL

FOTONOTICIA

Decoración navideña C.E.I.P. Santa María A Real de Entrimo

Dado que no curso anterior sufrimos un descenso do alumnado e a supresión de dous mestres, triste feito que nos últimos anos é moi común no rural galego, os que quedamos esforzámonos o dobre, como se foramos “300”, para conseguir unhas decoracións especiais. Despois de moitos días de duro traballo conseguimos crear unha pequena aldea navideña dentro do colexio chamada “Dulcetrimo” con todos os detalles: moitas chucherías, un colexio, un concello, unha igrexa, unha granxa de renos, o treneciño das estrelas, a noria, arboliños navideños luminosos... e as casiñas dos veciños.

Decoración navideña C.E.I.P. Santa María A Real de Entrimo