EL LECTOR DENUNCIA

Escombros na vía pública

EL ELCTOR_result

Unha empresa de reformas está utilizando dende hai meses a vía pública a carón das suas instalacións na rua Santa Adega de Seixalbo como vertedoiro particular. Alí acaban escombros e o material de refugallo procedente das obras da tal empresa, invadindo o espazo de todos.


Tendo en conta que a fotografía é suficientemente explícita para aforrar comentarios e que a situación foi comunicada por escrito ás autoridades municipais e autonómicas, os veciños pregúntanse qué razón pode existir para que se manteña o abuso perpetuando tan bochornosa imaxe paisaxística en pleno Camiño de Santiago.

Te puede interesar