INSTALACIONES

A explotación do cámping e do mesón do muíño será unificada

DFF
photo_camera Muíño das Lousas.

O concello desexa optimizar cara o futuro a xestión das instalacións para a captación de máis visitantes

O equipo de goberno do Concello do Carballiño pretende adxudicar de xeito unitario a explotación do cámping municipal e do colindante mesón do Muíño das Lousas, co obxectivo de optimizar o funcionamento de ambas as duas instalacións.Deste xeito, os técnicos municipais están a elaborar as bases que rexirán o correspondente concurso aberto para a adxudicación, en réxime de concesión destas dúas propiedades, situadas na marxe esquerda do río Arenteiro.

Se ben a ocupación das parcelas de acampada é prácticamente total durante os meses de verán, o Concello desexa mellorar os aloxamentos nos meses de tempada media e baixa ó traverso dunha nova xestión, agora en mans municipais.

Por elo, a Concellería de Promoción Turística desexa que a explotación do cámping vaia unida á do restaurante típico ubicado no Muíño das Lousas, que permanece pechado dende hai dous anos, tras ser abandoado polos anteriores concesionarios, e que para veciños e visitantes representa un exemplo de rehabilitación do patrimonio etnográfico.

Te puede interesar