O CARBALLIÑO

Igualdade prepara un concurso fotográfico e unha andaina

Todas as fotografías presentadas serán expostas no Concello e nos locais comerciais da vila a partir da data da entrega de premios.

A área municipal de Igualdade do Concello de Carballiño abriu o pasado 23 de febreiro o prazo para as inscricións na IV Andaina Solidaria "O Carballiño camiña pola igualdade", e que rematará o vindeiro 10 de marzo con vistas o desenvolvemento desta actividade o domingo, día 15 do mesmo mes.

A inscrición é gratuita e poderase formalizar no Centro de Información ás Mulleres. Os percorridos son de 10 e 12 quilómetros e os paticipantes poderán facer un donativos para a loita contra o cancro ó recoller o dorsal na Praza Maior antes da salida.

Por outra banda, o mesmo departamento de Igualdade organiza coa colaboracion da Asociación Fotográfica O Potiños e o Centro Comercial Aberto, unha nova edición do concurso fotográfico, este ano adicado ao emprendimento feminino. A data límite para entregar os traballos que opten ó concurso é o 20 de marzo, estando prevista a entrega dos premios o día 26 do mesmo mes. As mellores instantáneas serán premiadas cun primeiro premio donado polo Concello do Carballiño de 300 euros, un segundo de 200 e un terceiro de 100 euros donados polo Centro Comercial Aberto.

Así mesmo, as 12 fotografías máis representativas elexidas polo xurado servirán como imaxes do almanaque que se realizará para o vindeiro ano 2016.

Todas as fotografías presentadas serán expostas no Concello e nos locais comerciais da vila a partir da data da entrega de premios.

Te puede interesar