A sinal cambiante de San Francisco xa está fixa

sinal_result

O pasado martes publicaba unha foto na que denunciaba que a sinal de prohibido acceder á entrada do colexio Irmáns Vilar dende a rúa Pena Trevinca, ó lado da pasarela do tren na estación de San Francisco, xiraba segundo a vontade de quen a movera, e en lugar de impedir a entrada aparecía volteada prohibindo a saída. Pois ben, xa está fixa, e esperemos que continúe así para non levar a erros. Por elo, grazas a quen corresponda.
 

Te puede interesar