OURENSE

¿Terán os veciños de Xinzo que rematar limpando as rúas?

limpieza_result
photo_camera Xinzo de Limia.

En varios ocasións discutín cos barrendeiros de Xinzo porque considero que non fan un bo traballo, xa que se quitan as culpas decindo que os fins de semana teñen un horario especial e traballan menos horas, e pola semana é culpa dos bombeiros, que seica non lle dan ben coa mangueira, a pesares de que pon todo perdido.

Un día farteime e chamei á Policía Local e dixéronme que eles non podían facer nada, polo que decidín mandar esta foto ao xornal demostrando o estado en que se encontran algunhas rúas, nas que o lixo se acumula máis dunha semana sin que ninguén o recolla. ¿Teremos os veciños de Xinzo que rematar limpando nos as rúas?

Te puede interesar