Xa non hai buraco, non hai magnolio!

magnolios

Despois de todas as voltas que levou o buraco para a colocación do magnolio na praza do Concello de Piñor, con petición de donativos incluída, o alcalde parece que atopou a solución para acabar coa polémica. Pechou o buraco! Así, entón, se non hai buraco, non hai magnolio. Salvo que alguén pola súa conta e risco decida reabrir o buraco, comprar a controvertida árbore e chantala alí. En que quedará a cousa? Seguiremos informando.

Te puede interesar