SERVICIOS

Aberta a rúa Ben-Cho-Sey con 30 novas prazas de aparcamento

A habilitación destas prazas foi posible gracias ao establecemento dunha dirección única de baixada dende a Avenida 25 de xullo cara á rotonda de Conde Vallellano

A rúa Ben-Cho-Sey do Carballiño quedou aberta ao tráfico tras rematar as obras de urbanización e pintado das 30 novas prazas de aparcamento que se incorporan ás xa existentes na zona sur do casco urbano do Carballiño. A habilitación destas prazas foi posible gracias ao establecemento dunha dirección única de baixada dende a Avenida 25 de xullo cara á rotonda de Conde Vallellano. 

O proxecto de urbanización contemplou unha nova canalización da rede de abastecemento e saneamento, así como un muro de contención nunha zona de parcelas ainda sen edificar. Ademais, incluíu rede e puntos de iluminación pública e beirarrúas con plaqueta, e tamén asfaltado en quente. Esta rúa, de 215 metros de lonxitude, tras esta remodelación, ten unha calzada de 10 metros de ancho e beirarrúas de 2 metros. 

A rúa Ben-Cho-Shey era unha das poucas dos casco urbano do Carballiño sen urbanizar, e con esta reforma conta  con todos os servizos. A inversión foi de 146.000 euros. 

Te puede interesar