DEPORTE

Aberto o prazo para participar na Carreira do Arenteiro

O prazo para inscribirse está aberto, e debe facerse en www.championchipnorte.com, onde tamén se ofrecerá información sobre este evento solidario

A oitava edición da Carreira Solidaria do Arenteiro, que organiza a Concellería de Deportes do Carballiño, celebrarase o próximo 18 de decembro, con saída e chegada na Praza da Veracruz e un recorrido de pouco máis de 10 quilómetros. Os donativos destinaranse a Cruz Vermella, Cáritas, Conferencia do Carballiño S.S.V.P. e Correr en Galicia.


O prazo para inscribirse está aberto, e debe facerse en www.championchipnorte.com, onde tamén se ofrecerá información sobre este evento solidario, que conta coa colaboración do club Atletismo Arenteiro e de KÓRPORE, así como dos seguintes patrocinadores: Autotodo Carballiño, Gadis, Lamargha, Manxares, GRI, Centro Comercial Aberto, Empresa Montañesa, Autocares Rodríguez, A Fuchela e Coca-Cola. 

Te puede interesar