O CARBALLIÑO

“Ágora do Orcellón" divulga en galego a filosofía de Bunge

<p></p>
photo_camera Queizán, Fernández, Muleiro, Valentín García, Rosendo Fernández e Diego Fernández.

O Instituto de Estudios Carballiñeses presentou a revista dedicada ao seu socio de honra 

A Casa da Cultura de Carballiño foi escenario onte da presentación do número 32 da revista Ágora do Orcellón, que edita o Instituto de Estudios Carballiñeses coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación. O novo volume, réndelle tributo ao seu socio de honra Mario Augusto Bunge, recoñecido filósofo arxentino, baixo o título "Homenaxe a Mario Bunge, xenio e figura". O presidente da entidade, Avelino Muleiro, destacaba que "é a primeira vez que unha obra sobre Mario Bunge está en galego", asegurando que o pensador "considerouno un fito histórico e cando llo propuxemos quedou moi ilusionado e agradecido".

Na revista participaron 38 colaboradores, que realizaron traballos rigorosos sobre este pensador, sinalando que "este vai ter trascendencia internacional", e con elo persíguese "divulgar desde o Carballiño o pensamento dun dos maiores pensadores". Muleiro tamén apuntaba a posibilidade de desenvolver na vila un curso de verán sobre Bunge. Entre as autoridades, asistiron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a xefa territorial da Consellería de Cultura, Mari Luz Fernández e o concelleiro de Cultura de Carballiño, Diego Fernández.

No acto interviñeron colaboradores galegos, catedráticos da Universidade de Santiago: David Suárez Quintanilla, Luis García Soto e Miguel Martínez; a escritora María Xosé Queizán e o pintor Antón Pulido. Tamén se proxectou un power point cos colaboradores de universadidades de Europa, América, e da Unesco, e proxectouse un video de Mario Bunge.

Te puede interesar