AUGA

O alcalde de Maside alerta contra o despilfarro de auga

Os picos de consumo fora da normalidade en certos tramos horarios mostran que se está a facer un uso non correcto da auga

O equipo municipal de goberno de Maside vén de facer un chamamento á responsabilidade e solidariedade da poboación pola grave situación de seca, que está ocasionando un problema severísimo no abastecemento de auga potable . O alcalde, Celso Fernández, asegura que "a baixada drástica dos caudais nos últimos días e a ausencia de chuvias nas previsións metereolóxicas, así como un consumo disparatado, fai que o problema se teña agravado en dimensións tremendamente problemáticas".

Os picos de consumo fóra da normalidade en certos tramos horarios mostran que se está a facer un uso non correcto da auga, "de tal xeito que o consumo diario medio que se está producindo é o que tería unha rede que dese servicio a unha poboación de 10.000 a 12.0000 habitantes, que non é o caso da de Maside, que non chega ós 3.000", comenta o rexedor de Maside. E avisa de que, se continúa esta situación, terá que iniciar de forma inminente cortes progresivos no subministro, iniciándose nos períodos horarios  correspondentes a ese consumo excesivo .O Concello advirte que está terminantemente prohibido o uso de auga da rede municipal para regar ou encher piscinas., xa que o uso exclusivo da rede de abastecemento debe ser o doméstico (cociña, lavadora, aseo). Por elo, Celso Fernández pide que a poboación tome conciencia, "pois  os ríos Barbantiño e Arenteiro atópanse nunha situación preocupante". 

Te puede interesar