FORMACIÓN

Os alumnos do plan de emprego asisten ao curso de informática

Dende finais do outubro pasado se realizaron diversos cursos do Plan “Carbaemprega” no que participan 60 persoas

Os alumnos do Plan de Emprego “Carbaemprega”, que ten unha duración dun ano, prosiguen o programa de formación cun novo curso de informática, internet e ofimática, que está a desenvolverse estes días na aula do CEMIT do concello. 

É o segundo curso destas características que se realiza dentro deste plan, cuxo obxectivo é formar aos alumnos para adquirir habilidades que lles permitan acceder a un posto de traballo. Estes cursos están sendo impartidos polo técnico en informática do concello Chistrian López, e versan sobre procesadores de textos, tablas de cálculo e internet, entre outros programas que lles permitan a estes alumnos manexar as novas tecnoloxías. 

Desde finais de outubro pasado, cando comezou este plan, no que participan 60 persoas,  xa se realizaron diversos cursos. Ademáis dos de informática, de técnicas de búsqueda de emprego, riscos laborais, e de soldadura e calderería. 

Te puede interesar