O CARBALLIÑO

Animación nas rúas, cinema, música e teatro centran o Nadal

Entre os espectáculos musicais para toda a familia figura "La bella y la bestia. La leyenda" e  "Superscalifragislístico o Musical", tributo a Mary Popins.

A programación de Nadal do Carballiño ofrece case medio centenar de actividades e espectáculos durante decembro e xaneiro. Concertos, animación de rúa, teatro familiar e infantil, monólogos, obradoiros, gastronomía, cine, fotografía, maxia e torneos conforman a carteleira para disfrutar con actividades para todos os gustos organizadas polo concello, o Centro Comercial Aberto e polas entidades culturais e deportivas da vila, segundo destacou o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

Entre os espectáculos musicais para toda a familia figura "La bella y la bestia. La leyenda" e  "Superscalifragislístico o Musical", tributo a Mary Popins. Tiruleque representará na Residencia para maiores do Cornuval, a obra “Pasou un anxo” e Cine Clube organiza un ciclo de cine infantil. Tamén haberá patinaxe, concertos das corais, títeres para bebés, espectáculos de lume, luces e son nas rúas, entre outras ofertas.

Te puede interesar