ENTREVISTA

"Este ano a temática é un teatro no que a dor intrínseca ao ser humano é a protagonista"

O Festival do Teatro Galego (Fetega) acada a súa vixésimo sétima edición da man de Josi Lage, unha actriz xa consagrada que deu os seus primeiros pasos como tal na vila que a viu nacer.

Cómo vai a preparación do festival?
Ultimando tódolos detalles, rematando a pre-producción e mantendo contactos cos medios.

Mantense o nivel artístico de pasadas edicións?
Si, sen dúbida. A calidade é o que prima no Fetega e tódolos espectáculos programados a teñen. A temática que busquei este ano foi un teatro no que a protagonista é a dor intrínseca ó ser humano. Éste é bó pero tamén ten esa par- te oculta que as veces o fai ferinte á súa propia raza, e este vai ser o fío conductor nos espectáculos que se ofrecen pola noite. Para as sesións da tarde pretendo ofrecer cara o público infantil e familiar algo que non fora tópico e optei por brindar unha homenaxe ó circo.

A nivel orzamentario, houbo algún tipo de recorte?
En absoluto. Podo decir que tanto o Concello do Carballiño como a Deputación provincial manteñen as mesmas aportacións, e a eles uniuse este ano a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), para sumar un orzamento aproximado de 29.000 euros, no que tamén bota unha man a Empresa Montañesa, unha entidade priva- da que sempre nos apoia.

Que supuxo o IVE do 21% para o teatro galego?
A primeira repercusión xa foi no prezo das entradas, pero tamén é certo que os nosos compañeiros pasáronno moi mal, chegando a unha porcentaxe dun 85% no paro, e falo non só de protagonistas, senón tamén de escenógrafos, maquilladores e outros traballadores do sector. Na actualidade, parece que esta situación está a mellorar.

Tamén veremos actuar a Josi Lage no festival?
Por suposto. O xoves día 8 presentamos no Carballiño "Nosa Señora das Nubes", unha montaxe da compañía Teatro do Morcego na que comparto o escenario con Celso Parada e Mundo Villalustre. É unha peza de Arístides Vargas que gañou varios premios internacionais.

Coomo se ve na súa vila?
Eu amo O Carballiño, o teatro e a gastronomía, e creo que é unha fermosa combinación para convidar a todo o público de fóra para que veña ó festival.

Algún proxecto en mente?
Teño un, pero non podo dicir nada del ata que esté pechado.

Te puede interesar