solidaridade

Aspadisi fará 500 chaveiros polo Nadal para o grupo Cer&Ber

Convenio de Aspadisi
photo_camera Firma del convenio.

a empresa da vila firmou un convenio coa asociación de discapacitados para facer encargas de agasallos

O grupo Cer & Ber e Aspadisi (Asociación de familias con personas discapacitadas psíquicas do Carballiño) firmaron onte un convenio de colaboración por tres anos. O encargo máis inmediato será de 500 chaveiros que farán os traballadores do centro ocupacional para Cer & Ber. 

A directora do centro, Rita Freigenedo, apuntaba que a colaboración entre ambos xurdiu "a raíz do sorteo de Nadal da cesta que fixo o bar Estate Quieto. Nas bases xa se contemplaba que se non aparecía ningún agraciado a cesta poxaríase e o diñeiro doaríase a Aspadisi". 

Uriel Bernárdez, representante do grupo, sinalaba que os 500 chaveiros irán para "o noso centro de Madrid porque nós sempre polo Nadal damos un agasallo, un detalliño ós nosos clientes e a partir de agora vamos a apostar por Aspadisi para estos agasallos. É un contrato de tres anos pero a duración non ten importancia porque queremos estar bastante máis tempo con eles".

Te puede interesar