A ARTISTA ASUN ADÁ COMBINA Á PERFECCIÓN AS TÉCNICAS DA PINTURA COAS SÚAS FOTOGRAFÍAS.

Asun Adá: ‘Os meus cadros transmiten tranquilidade’

A sala de exposicións do Centro Comarcal do Carballiño acolle dende esta semana e ata o 31 de xaneiro unha mostra de Asun Adá, unha artista de 32 anos e nacida en San Cristovo de Cea que presenta unha escolma das súas obras pictóricas e fotográficas, nunha combinación de estilos e propostas.
Asun Adá: ‘Os meus cadros transmiten tranquilidade’
¿Cales son os contidos desta exposición?

Trátase dun total de 27 cadros entre os que destacan dous paneis de 1.20 por 1.20 metros con imaxes. Tamén hai ‘foulards’, vestidos, camisetas e zapa tillas de esparto, todo elo baseado na técnica de pintura sobre telas. Estes materiais están pendurados dunha sombrilla que tamén está pintada.

¿Prefires a pintura ou a fotografía?

Para min son dúas cousas parellas. O que realmente me gusta é sacar o que teño dentro e facer unha pintura intimista e colorista que penso transmite tranquilida de, con técnicas mixtas de area, óleos, acrílicos e esmalte, entre outras, e cada un dos cadros sempre leva un nome que os identifica totalmente. Comecei a estudar debuxo e pintura con seis anos de idade cando vivía na localidade de Verín.

As imaxes, ¿en branco e negro ou en color?

Gústame a fotografía en branco e negro sobre todo polo revelado, xa que me encanta o traballo de laboratorio. Cando estudiaba na Escola de Imaxe e Son de Benposta, en Ourense, había noites que as pasaba no labora torio de revelado antes de comezar a xornada lectiva polas mañás.

¿Cal é a túa opinión da foto grafía dixital?

A nivel de experimentación está ben, porque podes mellorar os tonos de cor e os contrastes utilizando a técnica do ‘fotoshop’ e ademais podes velas imaxes no teu propio ordenador. Por outra parte, ó eliminar o traballo de revelado afórranse moitos cartos.

¿Tes algún programa previsto de exposicións?

A partir do vindeiro mércores abrirei outra mostra na Librería Eixo de Ourense, e entre o 2 e o 14 de abril terei unha na sala de Caja Burgos, en Miranda de Ebro, esta mesma exposición que se pode ver no Centro Comarcal. Na vila do Arenteiro xa estiven no Auditorio municipal e participei cunha colección este ano no Outono Fotográfico, tamén no Carballiño.