energía

Autorizado un novo parque eólico para Piñor e O Irixo

Tamén se aprobou o de Canedo, que estará localizado nos concellos lucenses de Alfoz e Mondoñedo

O Consello da Xunta de Galicia autorizou a instalación dun novo parque eólico, Coto Frío, nos municipios de Dozón (Pontevedra) e Piñor e  O Irixo (Ourense) cun investimento previsto de 47 millóns de euros. Contará con 12 aeroxeradores cunha potencia total de 36 MW e unha capacidade aproximada de produción anual de enerxía de máis de 91.000 MWh. O novo parque eólico está promovido por Coto Frío SL, filial de Vector Verde.

Tamén se aprobou o de Canedo, que estará localizado nos concellos lucenses de Alfoz e Mondoñedo.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria sinala que segue a apoiar un modelo de desenvolvemento da enerxía eólica centrado na recuperación do liderado do sector, así como na creación de emprego e riqueza para a sociedade. Dentro deste contexto, destaca que os plans industriais asociados ao concurso eólico galego están a xerar xa máis de 1.000 millóns de investimento na comunidade, ao que se suma a creación de máis de 2.000 empregos directos.

Así mesmo, tras impulsar o actual concurso eólico en 2010, o Goberno galego ten en conta ás administracións locais, de xeito que por medio do canon eólico se recadaron 160 millóns de euros destinados aos municipios. Nesta última adxudicación benefícianse dous concellos de Ourense: Piñor e Irixo

Te puede interesar