termalismo

Os balnearios acollen un curso sobre termalismo

Tamén se levou a cabo unha visita ao Gran Balneario do Carballiño e se realizaron prácticas no balneario As Caldas de Partovia

A Casa da Cultura de Carballiño acolleu onte o comezo do Curso de extensión universitaria: Termalismo e vida saudable, da Facultade de Ciencias do Mar do Campus universitario de Vigo. Ademais das distintas ponencias que se abordaron sobre termalismo, tamén se levou a cabo unha visita ao Gran Balneario do Carballiño e se realizaron prácticas no balneario As Caldas de Partovia.

O curso continuará hoxe no balneario de Laias, onde se tratarán temas como as Augas mineromedicinais e técnicas termais e a Estrutura xeolóxica para as surxencias termais, ademais dunha mesa redonda na que participarán: Dolores Fernández, Pedro Araujo Nespereira, José Luis Legido, Avelino Muleiro, Lourdes Mourelle e Carmen Gómez. O curso continuará o 27 e o 28 en Cuntis e no Talaso Atlántico. 

Te puede interesar