Tres balnearios de O Carballiño acollen un curso sobre termalismo

A Facultade de Ciencias do Mar do Campus Universitario de Vigo organiza o curso de extensión universitaria: Termalismo e vida saudable

A Facultade de Ciencias do Mar do Campus Universitario de Vigo organiza o curso de extensión universitaria: Termalismo e vida saudable, dirigido por José Legido, Lourdes Mourelle e Avelino Muleiro, e que se impartirá en cinco establecementos termais. Desenvolverase entreo os días 25 e 28 de xullo, empezando cunha visita ao Gran Balneario do Carballiño e a realización de prácticas nas Caldas de Partovia.
Ao día seguinte, os participantes desprazaranse a Laias, onde os expertos presentarán ponencias e terá lugar unha mesa redonda.
O 27 de xullo, as actividades teóricas e prácticas desenvolveranse no Balneario de Cuntis, rematando o último día do curto no Talaso Atlántico, onde está previsto o acto de clausura e a entrega de diplomas aos participantes.

Te puede interesar