O Bañiño mellora imaxe cara a Semana Santa

uploaded_bano_result
photo_camera A contorna do Bañiño de Arcos mellorou na súa imaxe.

poranse novas papeleiras e procederase a unha limpeza da contorna para que esta zona termal do Bañiño de Arcos poida ofrecer a mellor imaxe e servizos ás persoas

As obras de remodelación do acceso ao Bañiño de Arcos están a piques de concluir. Este proxecto, consistente na construcción dun aparcamento para vehículos, así como a continuación do camiño peonil entre o Bañiño e a vella piscifactoría de Carinsa, lévase a cabo por mor dun convenio do Concello do Carballiño coa Deputación provincial dentro do programa de infraestruturas en zonas termais.

O aparcamento está xa rematado e tan só resta colocar unha baranda de madeira no muro de contención de perpiaño que se levantou entre a carballeira e o aparcamento. E, por outra parte, tamén quedaron colocadas as pedras e só resta encintar un tramo dos 150 metros do camiño peonil desde a vella piscifactoría de Carinsa, que se construiu para enlazar co xa existente.

Finalmente, poranse novas papeleiras e procederase a unha limpeza da contorna para que esta zona termal do Bañiño de Arcos poida ofrecer a mellor imaxe e servizos ás persoas que se acheguen ata alí durante as vacacións de Semana Santa. 

Te puede interesar